libro Alfagann e flanagan

Alfagann e flanagan


Alfagann e flanagan es un libro escrito por Jaume Ribera tiene un total de 208 páginas , identificado con ISBN 9788483020722 Alfagann e flanagan se publicó en el año 1996




Ficha Técnica

  • Título: Alfagann e flanagan
  • Autor: Jaume Ribera
  • Publicación: 1996
  • Editorial: Xerais
  • Género: Didáctica
  • Isbn: 9788483020722
  • Páginas: 208
  • Encuadernación: Tapa blanda



Resumen

Andreu Martín e Jaume Ribera son os autores da serie do detective adolescente Flanagan que Xerais vén publicando na súa colección "Fóra de Xogo" con grande acollida dos lectores e lectoras. En Alfagan é Flanagan, o xa famoso detective Flanagan, alcume do quinceaneiro Juan Anguera, empeza a sentir que o tempo non pasa en balde e que está no límite de idade entre xogar a ser detective e a selo de verdade. De feito, ese motivo provoca as burlas das Corpos Dez, Nieves, Blanca e Vanesa, tres compañeiras de clase atípicas: non se relacionan moito coas demais, só parecen estar preocupadas polo deporte e o culto ó corpo... Ata que Nieves Mercadal, unha delas, desaparece da súa casa. Flanagan coa axuda das súas dúas amigas, e a peculiar colaboración de Charche e dun grupo de rapaciños investigará esta extraña desaparición. Como sempre, o infatigable Flanagan consegue saír adiante na resolución do seu caso e que sexa detido o señor Lage, xefe do pai de Nieves e presunto violador da rapaza. A actitude do pai de Nieves e a sentencia do xuízo provocan nos lectores e lectoras mozos unha repulsa á inxustiza e a proclamación do dereito ó traballo e á liberdade: o noxo que produce a violación, nesta caso con abuso de poder. Como noutros volumes da serie, en Alfagan é Flanagan están presentes valores de grande interese para os adolescentes: a perseverancia para acadar os obxectivos, a honestidade como elemento esencial en tódolos ámbitos da vida; a utilidade de coñecer e facer uso dos servicios sociais en caso de necesidade, ou a defensa dos dereitos humanos. Como xa é habitual na serie Flanagan, nesta nova entrega non faltan ingredientes literarios como o sentido do humor que impregna toda a narración, a alternancia de situacións serias e cómicas (combinando maxistralmente varios casos paralelos), a abundancia de elementos anticipadores da trama e a utilización dunha linguaxe coloquial actual e vencellado o mundo dos mozos e mozas de hoxe mesmo.


Opiniones del libro "Alfagann e flanagan "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente