libro As cantigas de escarnio

As cantigas de escarnio


As cantigas de escarnio tiene un total de 216 páginas , identificado con ISBN 9788475079448 As cantigas de escarnio se publicó en el año 1995




Ficha Técnica

  • Título: As cantigas de escarnio
  • Publicación: 1995
  • Editorial: Xerais
  • Género: Didáctica
  • Isbn: 9788475079448
  • Páginas: 216
  • Encuadernación: Tapa blanda



Resumen

A sátira ocupa un posto relevante no panorama da poesía medieval galega e portuguesa como contrapunto (unhas veces censor e moralista, as máis delas irreverente e lerchán) da poesía de amor e do conxunto da andamiaxe temática e retórica; e iso non só en canto á modalidade cortés desa manifestación lírica, senón mesmo da autóctona que atopa na cantiga de amigo a súa expresión específica. Coas críticas dirixidas ás institucións e a quen as representan (Deus e mailo Papa, a abadía e mailo abade, o monarca e mais quen o substitúe), son frecuentes a censura e a aldraxe contra os vicios anticorteses (en primeiro lugar a avareza, e logo a escasa profesionalidade dos trobadores e xograres culpables de non saber compoñer cancións de altura). É tamén de destacar o gusto co que se airean vicios e defectos de homes e mulleres (a homosexualidade e a relaxación de costumes de uns e outras, a avareza, a arrogancia e as tropelías exercitadas polos poderosos, a violencia e a inxustiza contra os débiles, a ignorancia, a estupidez). Non faltan as invectivas e as inxurias persoais, sobre todo de trobadores pertencentes á aristocracia contra xograres, nin a obscenidade que protagonizan en primeiro lugar as soldadeiras, mais tamén con frecuencia as damas da nobreza, ás que non poucos poetas dirixen cancións que corresponden exactamente á outra cara das cantigas de amor. Maniféstase neste tipo de poesía un formigar de sentimentos que, así e todo cómpre non esquecelo, non sempre reflecte unha realidade socio-cultural, senón que forma parte dunha especie de xogo social a igual nivel cás cantigas de amor e as cantigas de amigo.


Opiniones del libro "As cantigas de escarnio "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente