libro Código morse

Código morse

Xavier alcala

Código morse es un libro escrito por Xavier alcala tiene un total de 176 páginas , identificado con ISBN 9788475079844 Código morse se publicó en el año 1996




Ficha Técnica

  • Título: Código morse
  • Autor: Xavier alcala
  • Publicación: 1996
  • Editorial: Valdemar
  • Género: Didáctica
  • Isbn: 9788475079844
  • Páginas: 176
  • Encuadernación: En papel



Resumen

Código morse, a última novela dese acreditado narrador que é Xavier Alcalá é unha novela sólida, de longo alento e amplo percorrido. Código Morse recolle o intento persistente de desvela-lo misterio que encerra entre as súas paredes e a súa historia o pazo do Rosario, pertencente á familia Tizón-Rocha, que funde a súa silueta granítica co verdor dos piñeiros e dos prados, e coa placidez das augas da fermosa ría de Ferrol. A historia está contada por un membro da familia propietaria do pazo, físico nuclear, que estudiou en Madrid e Londres e que se sinte íntima e sinceramente unido ó mundo tradicional galego. Pero a novela ten dous protagonistas: un, activo, o narrador, que pon en orde todo o escoitado, visto, intuído e sospeitado ó longo da súa infancia e primeira xuventude: outro pasivo, o propio pazo do Rosario, presente, directa ou indirectamente, ó longo de toda a novela. Esta é coma un microcosmos que reflicte moi fielmente o conxunto do mundo galego: nel habitaron e coincidiron xentes do mar con xente de terra adentro, criados e campesiños. Funcionarios burócratas, con artesáns, bruxas, mordomos, fillos lexítimos, fillos de solteira... A presencia do pazo é tan constante que acaba substituíndo o mundo real circundante. A vida está alí, non importa o que pase fóra. Código Morse é unha novela sen complexos, que acolle ingredientes de distintos subxénero novelísticos que vai ensamblando sen violencia no conxunto do relato. Dende o principio ó final, en que se resolve, o relato mantén vivo un suspense que o narrador vai dosificando e alimentando sabiamente.


Opiniones del libro "Código morse"


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente