Rotas para camiñantes (ii) pontevedra

Rotas para camiñantes (ii) pontevedra


Rotas para camiñantes (ii) pontevedra tiene un total de 224 páginas , identificado con ISBN 9788483020678 Rotas para camiñantes (ii) pontevedra se publicó en el año 2003




Ficha Técnica

  • Título: Rotas para camiñantes (ii) pontevedra
  • Publicación: 2003
  • Editorial: Xerais
  • Género: Otros
  • Isbn: 9788483020678
  • Páginas: 224
  • Encuadernación: Tapa blanda



Resumen

Rotas para camiñantes (I) Pontevedra é un libro coidadosamente elaborado para proporcionar información precisa e útil tanto sobre tódolos sendeiros existentes na provincia de Pontevedra, avalados e homologados pola Federación Galega de Montañismo e sinalizados coa normativa internacional, como por outros que a experiencia do autor aconsella reflectir. O presente volume, editado por Xerais coa colaboración do Club Peña Trevinca e a Federación Galega de Montañismo, foi preparado polo montañeiro e sendeirista vigués Paco Armada que nos conduce do Galiñeiro ó Aloia, de Mondariz a Vilasobroso, polo carreiro dos petroglifos de Baiona, polo mosteiro de Carboeiro e a fervenza da Toxa, por terras de Cuntis, de Pontesampaio a Pontevedra... O libro forma parte dun ambicioso proxecto de catro volumes (un por provincia) que abarcará toda a xeografía do noso país. Nacido cunha vocación de servicio está dirixido ós monteñeiros, excursionista e a a tódalas persoas a quen lles guste andar e mesturarse coa paisaxe galega. Pensadas tanto para expertos como para afeccionados, pretende facilitarlle o camiñante o seu desprazamento por terreos pouco coñecidos. A presente guía inclúe unha demorada descripción de 16 rotas, pensadas para realizar como máximo nunha xornada, acompañadas de mapas de cada unha delas (onde se sinalan o itinerario e os puntos de interese natural, paisaxístico e histórico-artístico), cadros (que sinalan distancias, cartografía e desniveis). Complétase o volume con fermosas fotografías de cada unha das rotas, tiradas polo propio autor e de cadros dos sinais oficiais de sendeirismo e dos símbolos empregados nos mapas e itinerarios. Como sinala Xosé L. Freixeiro, prologuista do volume e Presidente da Federación Galega de Montañismo, este libro será un elemento de consulta necesario para todo aquel que teña interese en facer excursionismo balizado a pé, en bicicleta ou a cabalo, por uns percorridos cheos de beleza, en contacto coa natureza.


Opiniones del libro "Rotas para camiñantes (ii) pontevedra "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente