libro A memoria de pontevedra

A memoria de pontevedra


A memoria de pontevedra es un libro escrito por Xosé Fortes tiene un total de 248 páginas , identificado con ISBN 9788483027219 A memoria de pontevedra se publicó en el año 2001




Ficha Técnica

  • Título: A memoria de pontevedra
  • Autor: Xosé Fortes
  • Publicación: 2001
  • Editorial: Xerais
  • Género: Histórica
  • Isbn: 9788483027219
  • Páginas: 248
  • Encuadernación: Tapa dura



Resumen

A Memoria de Pontevedra é unha nova entrega da serie de «Álbums de Postais» que, coordinada por Carlos Díaz Martínez, Xerais ven publicando nos últimos anos. Máis de cento sesenta postais, todas elas circuladas, completan unha memoria gráfica da Pontevedra das tres primeiras décadas do século XX. Os textos literarios de Xosé Fortes Bouzán, «A Pontevedra da Restauración» e Pontevedra. Crónica sentimental de Víctor F. Freixanes e o limiar «De Pontevedra Boa Vila, a Marín, de in Mare Rortuna», preprado polo coordinador do volume, completan o magnífico libro.
A finais do XIX a fotografía en papel cumpre medio século; o auxe desta invención precisa dunha difusión masiva que van facilitar as novas técnicas de reproducción (fototipia, clixé fotomecánico, heliotipia) consolidadas nos primeiros anos do século XX. O aspecto máis espectacular é a edición das postais como soporte para a correspondencia, autorizado en España dende 1873; entramos na «idade de ouro da postal». A maiores configúrase de inmediato a moda do coleccionismo, que vai facilitar a multiplicación das edicións; como se di daquela: «todo pode fotografarse para a edición en postal».As primeiras fotografías de Pontevedra, de 1901 a 1904, son editadas na series das editoriais foráneas: Hauser y Menet, Grafos e Castañeira y Álvarez (Madrid), Kallmeyer y Gautier, Thomas (Barcelona) e E. J. P. (París-Irún), mais coa ausencia da autoría dos fotógrafos. Produccións que compoñen despois as coleccións encargadas por comercios locais.
Coa consolidación comercial desta moda, sonados fotógrafos (Novás, Pedro Ferrer, Roisin...) inician as mellores series con Galicia como tema, se ben os exemplares dedicados a Pontevedra son escasos. O legado pasará á iniciativa local cunha producción de moi alta calidade, resultado da complicidade entre fotógrafos e comerciantes. Como mostra hai que mencionar as series do fotógrafo Francisco Zagala, editadas polo Bazar Helénico, o Estanco da Peregrina e a editorial de Francisco Viñas. Realización destacada son os traballos do fotógrafo Joaquín Pintos, que vai editar as súas propias realizacións, como é o caso das series do Balneario e Augas do Lérez producidas a iniciativa do Sr. Casimiro Gómez. A ausencia de información relativa á autoría de moitas postais non impide mencion<


Opiniones del libro "A memoria de pontevedra "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente