libro A rolda nocturna

A rolda nocturna


A rolda nocturna es un libro escrito por Sarah Waters tiene un total de 524 páginas , identificado con ISBN 9788498652505 A rolda nocturna se publicó en el año 2009




Ficha Técnica

  • Título: A rolda nocturna
  • Autor: Sarah Waters
  • Publicación: 2009
  • Editorial: Galaxia
  • Isbn: 9788498652505
  • Páginas: 524
  • Encuadernación: Tapa blanda



Resumen

Premio Novela Europea Casino de Santiago 2008 A novela desenvólvese no Londres da posguerra, logo de que a cidade sufrira os bombardeos dos avións alemáns, e conta os acontecementos e os sentimentos que van unir os destinos de catro mozas que intentan superar a memoria das privacións e os sufrimentos padecidos. Con ela, a Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, que Galaxia publica coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Santiago, chega ó seu número 19 e inclúe no seu catálogo unha das autoras máis premiadas entre as escritoras británicas das últimas xeracións. A novela de Sarah Waters pescuda nas raíces da vida de catro personaxes que, no Londres de 1947, sofren as consecuencias da guerra. A novela persegue o fantasma do pasado que obsesiona a Helen e que fai esmorecer a relación prohibida que mantén con Julia, unha autora de éxito a quen coñeceu durante a guerra. Indaga nas razóns polas que Kay, unha heroína dos bombardeos, vaga inconsolable polas rúas da cidade ou na historia de Viv, unha muller nova e engaioladora que non consegue abandonar o seu amante, antigo soldado casado e cabeza de familia. En A rolda nocturna, Sarah Waters destila pouco e pouco os acontecementos e os sentimentos para descubrir o segredo que agochan. Recúa no decurso das vidas dos seus personaxes ata chegar aos meses arrepiantes dos bombardeos alemáns sobre Londres. ¿Que é o que realmente une o destino da xente? A escritora consegue mergullar lectores e lectoras nun xogo de pistas palpitante, inzado de reviravoltas estrañas e complicidades inesperadas que as consecuencias da guerra non fan máis que agudizar. <


Opiniones del libro "A rolda nocturna "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente