Entre fisterras conversas con carlos nu

Entre fisterras conversas con carlos nu

Salvador rodriguez

Entre fisterras conversas con carlos nu es un libro escrito por Salvador rodriguez tiene un total de 232 páginas , identificado con ISBN 9788497820769 Entre fisterras conversas con carlos nu se publicó en el año 2003




Ficha Técnica

  • Título: Entre fisterras conversas con carlos nu
  • Autor: Salvador rodriguez
  • Publicación: 2003
  • Editorial: Heraldo de aragon sa
  • Isbn: 9788497820769
  • Páginas: 232
  • Encuadernación: En papel



Resumen

Este libro recolle unha longa entrevista con Carlos Núñez, o músico galego contemporáneo máis coñecido e admirado no mundo, realizada polo xornalista Salvador Rodríguez paralelamente ao proceso de elaboración de &8220;Almas de Fisterra&8221;, o seu último disco. Este é un volume singular e policromático, onde se percorre a traxectoria vital e musical dun creador virtuoso e excepcional, ao tempo que se fai partícipe aos lectores das claves do proceso de investigación cultural que levou á gravación dunha obra que une a Galicia coa común esperanza bretona de dúas fisterras. Carlos Núñez vai esmiuzando, ao longo das páxinas desta longa conversa, o seu profundo coñecemento do mundo bretón, dende as súas primeiras estancias en Plomeur e Lorient ata as investigacións que levaron á gravación do seu último disco que constitúe unha achega profunda ao un imaxinario musical e cultural compartido. O volume inclúe, ademais, unha estensa información, organizada en apartes temáticos, sobre as semellanzas e coincidencias destes imaxinario, sobre os irmanamentos entre cidades e vilas galegas e bretonas, sobre curiosidades célticas, sobre mitos comúns (Breogán, San Barandán&8230;), sobre a Materia de Bretaña en Galicia, sobre as relacións de Álvaro Cunqueiro coa Bretaña&8230; O volume, que recolle un amplo repertorio fotográfico e de ilustracións, remata coas opinións de Carlos Núñez sobre a creación do xénero da música celta, así como relatando a presencia de Alan Stivell en Galicia e o concerto de músicos das dúas fisterras con motivo da catástrofe do Prestige. Un libro, pois, que trascende o musical para situarse no horizonte desas historias que proceden dos niños da sabedoría, entendida como crisol entre o coñecemento, a imaxinación, o romanticismo, o xogo do azar e a maxia.


Opiniones del libro "Entre fisterras conversas con carlos nu"


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente