Ficha Técnica

  • Título: O soña da galiza ideal
  • Autor: Xosé M. Núñez Seixas
  • Publicación: 2016
  • Editorial: Galaxia
  • Isbn: 9788498657067
  • Páginas: 280
  • Encuadernación: Tapa blanda



Resumen

Neste libro reúnense seis traballos, publicados en diversos volumes e revistas entre os anos 2001 e 2015, que teñen como denominador común a análise das dimensións sociopolíticas e culturais da emigración galega e o exilio de 1936 en América.
Algúns deles obedecen a vellas teimas do autor, como a comparanza da emigración galega coa irlandesa e a faceta como xornalista e político emigrante do escritor Eduardo Blanco Amor. Outros tratan da proxección transnacional de símbolos e mitos en Galiza e América, exemplificada pola figura de Rosalía de Castro e a súa recepción e mitificación entre os emigrantes. no resto analízanse asuntos coma a traslación do galeguismo ás colectividades galegas de alén mar a través, neste caso, da particular percepción que da súa experiencia trasterrada elaborou Castelao; inclúese tamén unha interpretación global do exilio galego de 1936-39, a súa dinámica e a súa peculiaridade dentro do exilio republicano español; e do exilio galego en Europa, menos coñecido mais non menos influente, e da súa interacción coa evolución da oposición antifranquista en Galiza.<


Opiniones del libro "O soña da galiza ideal "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente