libro Os meus ollos

Os meus ollos

Ramiro fonte

Os meus ollos es un libro escrito por Ramiro fonte tiene un total de 367 páginas , identificado con ISBN 9788497820745 Os meus ollos se publicó en el año 2003




Ficha Técnica

  • Título: Os meus ollos
  • Autor: Ramiro fonte
  • Publicación: 2003
  • Editorial: Xerais
  • Isbn: 9788497820745
  • Páginas: 367
  • Encuadernación: Tapa blanda



Resumen

Coa intención de recuperar o tempo e lugar da súa infancia, a vila mariñá de Pontedeume, Ramiro Fonte converte as páxinas destas memorias primeiras nun relato emocionante no que recrea ó detalle, cunha prosa esencial, cristalina e precisa, dotada dunha conmovedora ollada poética, a vida dunha vila galega nos anos sesenta. Ademais dun exercicio de recuperación vivificadora da memoria individual e colectiva, &8220;Os meus ollos (Vidas de infancia)&8221; é, tamén, un ensaio sobre a vivencia da perdurabilidade do tempo e dos espacios humildes que nos son queridos. Un relato engaiolante no que o autor emprega a emoción, a piedade e certa ironía para recuperar espacios derruídos polo tempo e devolverlle a vida a ducias de personaxes reais, populares, tratados co mesmo rango cós protagonistas históricos. Historias particulares que demostran que o local é o universal. Un libro de historia cotiá que se le coa mesma paixón que nos proporcionan as novelas exemplares. Unha obra que demostra a vixencia da frase de Baudelaire, &8220;O xenio non é máis que a infancia netamente formulada&8221;; e proba que a infancia non representa o camiño, senón todo o camiño. &8220;Os meus ollos&8221;, primeira entrega dunha obra máis ampla na que Fonte está a traballar, abre unhas perspectivas inéditas na narrativa contemporánea. Unha grande novela para ler varias veces.<


Opiniones del libro "Os meus ollos "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente