libro Por que as sombras non teñen ollos

Por que as sombras non teñen ollos

Luis manuel garcia maña

Por que as sombras non teñen ollos es un libro escrito por Luis manuel garcia maña tiene un total de 168 páginas , identificado con ISBN 9788499149202 Por que as sombras non teñen ollos se publicó en el año 2015




Ficha Técnica

  • Título: Por que as sombras non teñen ollos
  • Autor: Luis manuel garcia maña
  • Publicación: 2015
  • Editorial: Xerais
  • Género: Novela
  • Isbn: 9788499149202
  • Páginas: 168
  • Encuadernación: Tapa blanda



Resumen

O 22 de febreiro de 1944 un bombardeiro Hudson da Royal Air Force estrelouse na Serra de Pena, á altura do marco número 125 da fronteira con Portugal, entre o concello galego de Calvos de Randín e a vila portuguesa de Montealegre. Un contrabandista será a primeira persoa en chegar ao escenario do accidente, onde de entre os seis corpos carbonizados ripará unha pistola e unha carteira na que atopará a fotografía dunha moza, unha carta remitida desde Canadá e tres follas manuscritas, material que agochará na casa dun familiar. O mesmo día, na embaixada do Reino Unido en Madrid recibíronse instrucións encriptadas para que o persoal diplomático do consulado de Vigo recuperase os efectos persoais e restos documentais atopados no lugar do sinistro. Coa chegada a Montealegre dunha profesora finlandesa de historia, colaboradora do servizo de intelixencia alemán, comezará neste territorio da Raia Seca galego-barroso unha batalla de espías na procura destes documentos que será decisiva para o desenlace da Segunda Guerra Mundial. Nesta orixinalísma novela de misterio e espionaxe, historicamente moi documentada, García Mañá consolida a súa mestría como narrador de intriga e promotor do espazo literario arraiano.<


Opiniones del libro "Por que as sombras non teñen ollos "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente