libro Raros e curiosos

Raros e curiosos

Carlos lopez

Raros e curiosos es un libro escrito por Carlos lopez , identificado con ISBN 9788492644803 Raros e curiosos se publicó en el año 2014




Ficha Técnica

  • Título: Raros e curiosos
  • Autor: Carlos lopez
  • Publicación: 2014
  • Editorial: Edicions embora
  • Isbn: 9788492644803
  • Encuadernación: Tapa blanda



Resumen

Raros e curiosos, neste sentido, supón unha relativa mudanza coas anteriores achegas pois dirixe a ollada a un lector adulto e opta por ofrecer un discurso que, desde as instancias dunha voz que é a dun cronista alleo aos feitos relatados, mais ao tempo extraordinariamente informado, porfía en amosarse como rigoroso e obxectivo nas descricións e nos sucedidos que relata, acoirazado detrás dun rexistro expresivo un chisco arcaizante que procura a tensión e o distanciamento precisos para os casos e peripecias narradas. Moitas destas lévanse da man dun conxunto de personaxes singulares e fantásticos, no sentido máis literal do termo, que salientan polas peculiares obsesións, senlleiras ocupacións profesionais e inesperados intereses vitais que exhíben.

A enxurrada imaxinativa que se deita nestas páxinas, de mans dadas co humor que nalgunhas ocasións se modula felizmente en aberta gargallada, resulta inequivocamente un dos seus grandes méritos. A estes cómpre engadir que se trata de relatos escritos con enxeño e precisión de ourive, insuflando aire fresco nun modelo narrativo no que Carlos López se desvela, ou máis ben se confirma, como magnífico cultivador.


Opiniones del libro "Raros e curiosos "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente