libro A cousa que mais doe do mundo

A cousa que mais doe do mundo

Roger olmos

A cousa que mais doe do mundo es un libro escrito por Roger olmos tiene un total de 36 páginas , identificado con ISBN 9788496573130 A cousa que mais doe do mundo se publicó en el año 2016




Ficha Técnica

  • Título: A cousa que mais doe do mundo
  • Autor: Roger olmos
  • Publicación: 2016
  • Editorial: Oqo editora
  • Género: Didáctica
  • Isbn: 9788496573130
  • Páginas: 36
  • Encuadernación: Tapa dura



Resumen

A lebre e a hiena conversan, nunha xeira de pesca, sobre asuntos cotiáns. «A mentira é a cousa que máis doe do mundo», di a lebre; e a hiena bota a rir. Para demostrarllo, a lebre elaborará, na porta de palacio, un «pastel» moi especial que vai provocar a cólera do rei; logo, coa complicidade das moscas, expertas en ca…case todo tipo de cheiros, buscarán entre os animais, o culpable de semellante obra.

A hipótese que formula a lebre, «o que máis doe do mundo é a mentira», ficará demostrada nun relato fantástico e divertido que provocará no lector, ademais dalgunha gargallada, a reflexión e unha resposta emocional.

Durante séculos, en moitos poboados de África, os contos cumprían unha función similar a dunha primeira escola. Segundo a súa orixe, as historias posúen un estilo propio, e os contos tradicionais africanos caracterízanse por presentaren un contido simbólico, e por atesouraren coñecementos e sabedoría ancestral. Adoito, expóñense neles meditacións cosmolóxicas e filosóficas sobre a vida, lémbranse valores esquecidos, ou como neste caso, trátase de educar os individuos transmitíndolles unha ensinanza. A hiena, que encarna aquí o carácter hipócrita e ruín dalgúns seres humanos, experimentará na súa pel o amargo sabor da mentira.

O ilustrador Roger Olmos complementa este divertido exercicio de escritura con personaxes expresivos, hiperbólicos e cargados de humor. Trazo preciso e seguro, é canto necesita para presentarnos a súa visión persoal dunha historia que, nos aproxima á palabra, ao pensamento e á herdanza cultural da Costa de Marfil.

Mención WHITE RAVEN (Internationale Jugend Bibliotek de Munich) entre os álbums máis fermosos do mundo 2006
PREMI LLIBRETER 2006 ao MELLOR ÁLBUM ILUSTRADO

Texto de Paco Liván, a partir dun conto popular da Costa de Marfil
Ilustracións de Roger Olmos
<


Opiniones del libro "A cousa que mais doe do mundo "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente