libro A mennulara (premio novela europea casino de santiago 2004)

A mennulara (premio novela europea casino de santiago 2004)


A mennulara (premio novela europea casino de santiago 2004) es un libro escrito por Simonetta Agnello Hornby tiene un total de 324 páginas , identificado con ISBN 9788482887869 A mennulara (premio novela europea casino de santiago 2004) se publicó en el año 2005




Ficha Técnica

  • Título: A mennulara (premio novela europea casino de santiago 2004)
  • Autor: Simonetta Agnello Hornby
  • Publicación: 2005
  • Editorial: Galaxia
  • Isbn: 9788482887869
  • Páginas: 324
  • Encuadernación: Tapa blanda



Resumen

A vila siciliana de Roccacolomba semella suspendida entre pasado e presente, unha vila que quere resistir ao paso do tempo.

Premio de novela europea 2004. Un premio concedido por un xurado de lectores e lectoras, organizado polo Casino de Santiago de Compostela e que se concede a obras publicadas en calquera país de Europa. No 2004 a novela gañadora foi A Mennulara, da autora italiana Simonetta Agnello Hornby. A Editorial Galaxia en colaboración coa Consellería de Cultura do Concello de Santiago, publícaa na colección Literaria, co que continúa a súa liña editorial dedicada á edición en galego das máis salientables novidades de narrativa internacional.
A novela conta a vida dunha muller singular, a Mennulara, chamada así porque de nena colleitaba améndoas. Unha novela que se inicia o 23 de setembro do ano 1963 coa morte da protagonista, para, posteriormente, desenvolver o relato en espiral ao redor da figura desta criada dunha familia de terratenentes sicilianos. Os veciños da vila de Roccacolomba pregúntanse sobre o poder desta muller, que chegou a ser, na práctica, a administradora das propiedades e do pazo da familia Alfallipe. Chegan a odiala e mesmo a maldicila, pero tamén hai quen a lembra con gratitude. ¿Quen era realmente?¿Unha sedutora?¿Unha peza máis nas mans da mafia local?
A Mennulara é un dos máis intensos e poderosos retratos de muller da narrativa europea actual. Ao tempo a novela fainos volver á Sicilia de O Gatopardo, que, un século despois, aínda se debate entre o pasado e o presente, coma se quixese resistir ao paso do tempo. Un mundo de misterio e paixón, de personaxes e situacións memorables, contado coa sensualidade e o colorido da luz do Mediterráneo.

<


Opiniones del libro "A mennulara (premio novela europea casino de santiago 2004) "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente