Cepillo e outros contos

Cepillo e outros contos


Cepillo e outros contos es un libro escrito por Pere Calders tiene un total de 56 páginas , identificado con ISBN 9788475073743 Cepillo e outros contos se publicó en el año 1989




Ficha Técnica

  • Título: Cepillo e outros contos
  • Autor: Pere Calders
  • Publicación: 1989
  • Editorial: Xerais
  • Género: Didáctica
  • Isbn: 9788475073743
  • Páginas: 56
  • Encuadernación: Tapa blanda



Resumen

O libro contén cinco relatos cunha característica común: en todos eles haí unha visión absurda dalgún aspecto da sociedade actual, tratado sempre con ironía e humor."Cepillo", conta a historia dun neno a quen seus país deixan sen o can que tiña. Entón, o neno decide verte-lo seu afecto con algún obxecto do fogar. Decídese por un vello cepillo que atopa no faio. Pola noite déitase con el e descobre que o cepillo se transformou nun can cheo de vida. Os país rin del, non llo cren, ata que un ladrón entra na casa e conseguen librarse gracias ó can-cepillo, que se lanza sobre el trabándoo nunha perna.O segundo relato é "A árbore doméstica". O protagonista descobre abraiado que na sala da súa casa medrou, da noite para a mañá, unha grande árbore. Vai á policia, pero alí convénceno de que debe facer como que non pasa nada."O espírito guía" é o terceiro relato. O protagonista recibe a visita dun fantasma que o avisa de que un tren vai descarrilar. El trata de da-lo aviso para evita-lo accidente, pero atópase cos atrancos burocráticos e desiste."A hedrera helix": o protagonista merca unha estraña planta rubideira, para agasallar unha amiga. Pero a planta medra con moita rapidez e durante o traxecto á casa, a planta dá en medrar e medrar, rodeándolle o corpo."Frouxidade de carácter" é o relato que pecha o libro. Unha noite, o narrador descobre que hai un ladrón roubando na súa casa. Póñense a falar, e o ladrón cóntalle que el se viu na obriga de dedicarse a iso se quería chegar a ser algo na vida, xa que sendo bo todos facían burla del.


Opiniones del libro "Cepillo e outros contos "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente