libro Contos marabillosos i (2ªed)

Contos marabillosos i (2ªed)

Xose miranda

Contos marabillosos i (2ªed) es un libro escrito por Xose miranda tiene un total de 56 páginas , identificado con ISBN 9788483023280 Contos marabillosos i (2ªed) se publicó en el año 2000




Ficha Técnica

  • Título: Contos marabillosos i (2ªed)
  • Autor: Xose miranda
  • Publicación: 2000
  • Editorial: Xerais
  • Género: Didáctica
  • Isbn: 9788483023280
  • Páginas: 56
  • Encuadernación: Tapa blanda



Resumen

Contos Marabillosos, I contén tres contos de maxia ou marabillosos. Os contos de maxia son antigos coma o mundo. Engaiolan e encantan. Divirten e estimulan os sentimentos máis variados dos humanos. Se os animais falan ou habitan neles monstros do imaxinario, se as mulleres bonitas son princesas e os heroes reis ou príncipes, se o mundo dos mortos e dos vivos se mestura, se os deuses e os homes se tratan de ti, é porque toda búsqueda do sentido da vida ten dimensións sicolóxicas, relixiosas, fantasiosas, que precisan deses símbolos, comúns á humanidade enteira, símbolo que constitúe a auténtica linguaxe universal. O paxaro que fala, a árbore que canta e a auga dourada; Manta en Roma e A gaita que facía a todos bailar, os tres títulos deste primeiro volume cóntanse aínda nas aldeas de Galicia. Do primeiro, O paxaro que fala, a árbore que canta e a auga dourada, faise unha versión literaria a partir dunha oral rexistrada na Pontenova, nunca impresa, e doutras máis coñecidas, poucas, rexistradas hai algúns anos. De Manta en Roma só hai unha versión oral galega, aínda inédita, e que é a única fonte da que bebe a reelaboración que aquí se ofrece. Do terceiro, A gaita que facía a todos bailar, máis coñecido, refúndense unha serie de versións orais que lle dan o corpo, a forma e o sentido que debeu ter algún día. En tódolos casos cada conto vai anotado coas fontes das que se partiu para elaboralo.<


Opiniones del libro "Contos marabillosos i (2ªed) "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente