libro Diccionario dos seres miticos galegos

Diccionario dos seres miticos galegos

Xose miranda

Diccionario dos seres miticos galegos es un libro escrito por Xose miranda tiene un total de 275 páginas , identificado con ISBN 9788483023631 Diccionario dos seres miticos galegos se publicó en el año 2000




Ficha Técnica

  • Título: Diccionario dos seres miticos galegos
  • Autor: Xose miranda
  • Publicación: 2000
  • Editorial: Xerais
  • Género: Didáctica
  • Isbn: 9788483023631
  • Páginas: 275
  • Encuadernación: Tapa dura



Resumen

O Diccionario dos Seres Míticos Galegos é unha viaxe a través da mitoloxía galega, asentada na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ó tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun diccionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes aportacións ó patrimonio cultural galego nos últimos anos. Nas 710 entradas das que consta o Diccionario dos Seres Míticos Galegos pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da Estadea, ou oír os contos de María Castaña. O lector deste singular e único diccionario poderá visitar as tumbas de Orcavella e a Raíña Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voará con meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquias cos lobishomes; verá como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios; navegará no Bergantín Pantasma; andará os camiños coas ánimas da Compaña; tremerá na noite ó escoitar o Paxaro da Morte; enfrontarase co Can Negro, co Lobo Branco, coa Peregrina, coa Zarrulada, co urco e coa pastoriña; visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, Pozos Peagos e entradas do inferno, Camiños ó Alén e Cabos do mundo; coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Maríamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco; lerá o Ciprianillo e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina. A obra, editada de forma moi coidadosa, encadernada en cartoné, con fita punto de lectura e sobrecuberta de papel de algodón a catro cores, vai acompañada de 16 extraordinarias láminas despregables a toda cor. A presente edición foi todo un fito para a edición en lingua galega. Acompaña a edición do Diccionario unha exposición, Habitantes imaxinarios, que recolle en trinta e dous cadros parte do materi<


Opiniones del libro "Diccionario dos seres miticos galegos "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente