Ficha Técnica

  • Título: A memoria de ourense
  • Autor: Xosé carlos caneiro
  • Publicación: 1999
  • Editorial: Xerais
  • Género: Histórica
  • Isbn: 9788483024720
  • Páginas: 104
  • Encuadernación: Tapa dura



Resumen

As presencias gráficas da vila de Ourense e da provincia na chamada «Idade de Ouro da Postal» (1900/1930) -tempos estelares da comunicación escrita, epistolar, testemuñal, presencial, relacional, mesmo creativa- son moi limitadas en comparación coas grandes produccións das cidades vilas atlánticas (A Coruña, Vigo, Pontevedra e mesmo Vilagarcía ou Marín) froito das correntes dun incipiente turismo de calidade (cruceiros), movementos comerciais (viaxantes) e o fenómeno da emigración galega a América. Neste alborexar do século, a provincia de Ourense é unha das máis «atrasadas» (nos baremos económicos, sociais ou culturais) das que compoñen o xadrez peninsular nestes tempos da desnortada, cambaleante, agónica e finalmente defunta monarquía dos Borbóns das Españas: «todo es muy hermoso, pero en medio de una miseria y una incultura aterradoras». Esta anotación -nunha das nosas postais- que supoñemos dun viaxeiro «con cultura» (escribe ao Museo Pedagóxico de Madrid) é o fiel reflexo, e resumo, dos contidos recollidos nas imaxes deste álbum de A memoria de Ourense. Descubrimos a paisaxe deste vello e primitivo bloque xeolóxico (non rachado, raiado, apuñado por encoros, liñas de alta tensión ou torretas de comunicación), as pegadas arquitectónicas da súa historia sementadas polos seus vellos moradores. Cultas e monumentais (mosteiros, castelos, pontes, estatuas...) ou etnográficas (arquitecturas rurais), e sempre verificamos e certificamos o respecto estético da paisaxe e da herdanza histórica, anticipación -sen selo de orixe: non o precisaban- das actuais correntes das reivindicacións ecolóxicas: «as paisaxes e o entorno urbanístico son patrimonio da humanidade». Se volvemos ao noso tema da presencia gráfica da Provincia -nos tempos de ouro da postal-, podemos chamar a capítulo o vello dito de «Ourense: Terra da Chispa». A falta dun imposible percorrido exhaustivo pola imaxe do conxunto da provincia, da cidade capital e das súas vilas, podemos artellar e facer estoupar -nun foguete de 100 estralos- os testemuños, as presencias, as realidades do traballo, duns devanceiros (homes e mulleres) que nos legaron «todo o seu, todo o que puideron». Para recoñecemento e debida apropiación destes legados por herdanza «raíz» abonda coa nosa inmersión nos patronimios, topónimos,


Opiniones del libro "A memoria de ourense "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente

Libros similares de tu interés