Ficha Técnica

  • Título: Ebora
  • Autor: Xosé carlos caneiro
  • Publicación: 2000
  • Editorial: Espasa
  • Isbn: 9788483025970
  • Páginas: 464
  • Encuadernación: En papel



Resumen

«Ébora», a última novela de Xosé Carlos Caneiro, galardonada simultaneamente cos premios Blanco Amor e Eixo Atlántico de narrativa galega e portuguesa, correspondentes ao ano 2000, é unha recreación, enchida de ironía e humor, dos grandes temas da literatura: a continua procura nostálxica do pasado e a fuxida cara o futuro na busca do amor e da felicidade, batendo coa morte e o desacougo en calquera recanto. Libardino Romero naceu cun «exceso de alma» e sete quilogramos de peso, aos cinco meses de ser concibido pola súa nai, a señora Pura, que fora curada de sífilis polo inventor do remedio universal. Farto da súa monótona existencia como auxiliar administrativo e dos sensabores da convivencia cunha muller autoritaria, obsesionada pola limpeza, decide partir na procura da felicidade, acometer, por fin, a tarefa imprescindible de soñar.
Ébora, o universo referencial de Xosé Carlos Caneiro, é un espacio abisal onde as fronteiras son de licor e escuma, un lugar perdido entre montañas de neve e mimosas e perpiaño, rexo como o tempo, vila con máis de mil anos de melancolía cicatrices, un territorio de soños e marabillas. Unha vila que é o símbolo do que nos queda, que se salva da doenza terrible da fin do milenio: a estupidez, a estulticia, a televisión. Ébora, ao xeito dunha nova Odisea, é unha recreación, enchida de grandes doses de ironía e comicidade, dos grandes temas universais da literatura: a continua procura nostálxica do pasado e a fuxida, incontrolada e imprevisible, cara ao futuro, a busca do amor e da felicidade, batendo coa morte e o desencanto en calquera recanto.
Xosé Carlos Caneiro (Verín, 1963) é poeta e narrador. Ten publicados os poemarios Da túa ausencia (1991), Premio Celso Emilio de poesía; Estación Sur (1994), Premio Cidade de Ourense 1992; A valgada triste do amor (1997), Premio Johán Carballeira 1996 e Aínda soñas con piratas? (1999), así como a recompilación de artigos e ensaios titulada O buscador de nada (1991). Como narrador é autor da pentaloxía de novelas longas que iniciou con O infortunio da soidade («Xerais Narrativa», 1992), Premio Xerais de novela 1992; continuou con Un xogo de apócrifos («Xerais Narrativa», 1997), Premio Torrente Ballester 1996; Talvez melancolía (1999), Premio Manuel García Barros; Os séculos da lúa (19


Opiniones del libro "Ebora"


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente