Ficha Técnica

  • Título: ÁMOTE
  • Autor: Xosé carlos caneiro
  • Publicación: 2012
  • Editorial: Galaxia
  • Isbn: 9788415116431
  • Páginas: 48
  • Encuadernación: Cartoné



Resumen

Ámote é unha novela de amor ou, tal vez, un soliloquio que quere converterse nunha gran novela de amor. O protagonista é un periodista misántropo, bebedor, entusiasta, bohemio e romántico que se namora de todas as mulleres que coñece. Nunca é correspondido.Para espantar a tristeza crea o seu propio amor, que nunca sabemos se é ficticio ou real. Unha dama de ollos verdes que o acompaña dende a súa infancia, que o amoa desesperadamente e o axuda a sobrevivir. Cunha prosa envolvente, atenta aos sentimentos e de forte poder evocador, Caneiro crea un universo narrativo elaborado desde a emoción da palabra e o triunfo da ficción. Cun protagonista inesquecibel, con voz e personalidade propia, que racha as convencións e chega a facerse palpable, omnipresente, mesmo veraz. Desde o Bardamu de Louis Ferdinand Céline, nunca un personaxe novelesco falou de maneira tan directa e sincera ao lector. O amor, a emoción da palabra en si mesma, o sentimentos do ser humano, a soidade, a ilusión e a felicidade son os temas duna novela que nos conta unha historia dunha pàixón irrepetibel, froito da capacidade creadora dun dos grandes narradores galegos de hoxe.


Opiniones del libro "ÁMOTE"


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente