libro Muller no baño

Muller no baño


Muller no baño es un libro escrito por Manuel Rivas tiene un total de 266 páginas , identificado con ISBN 9788483029244 Muller no baño se publicó en el año 2002




Libros de Manuel Rivas

BALA PERDIDA
2016

Infantil y juvenil

BALA PERDIDA

Ficha Técnica

  • Título: Muller no baño
  • Autor: Manuel Rivas
  • Publicación: 2002
  • Editorial: Xerais
  • Isbn: 9788483029244
  • Páginas: 266
  • Encuadernación: Tapa blanda



Resumen

Muller no baño recolle setenta e cinco textos de Manuel Rivas, unidades dese xornalismo intencional que fixa un obxectivo e pretende provocar algún tipo de cambio, artigos escritos, na súa maior parte, durante a súa estadía en Londres, ademais dunha gavela dos publicados en Luzes de Galicia e noutras revistas de arte.
O libro recolle o seu título do texto homónimo co que se inicia este volume, unha recreación literaria feita a partir da transcrición oral dunha conferencia pronunciada no Museo Thyssen Bornemisza, dentro do ciclo &171;Un cadro, un escritor&187;. Dialogando coa protagonista do cadro de Roy Liechtenstein Woman in the bathroom, Rivas engarza un relato de ficción que constitúe unha travesía pola presencia da muller na pintura dos dous últimos séculos e un ensaio paralelo sobre invisibilidade do traballo feminino e o papel da muller, desde a década de 1960, como productora social de harmonía e equilibrio dentro da socieda-de. Ábrese así, un volume onde a mirada inquisitiva de Rivas se pousa encol da cotidianidade agochada da sociedade actual: analiza acontecementos e problemas como o terrorismo doméstico contra as mulleres e os nenos, os novos tipos de familia, a paixón amorosa, a incomprensión coa mocidade, a marxinación dos emigrantes, o saqueamento da memoria, o papel da televisión e dos actuais medios de masas, as formas do novo turismo, a falsa reforma educativa, a paisaxe publicitaria concibida como segunda natureza contemporánea, o crime do esquecemento e da desmemoria, a función dos animais domésticos ou a pobreza devastadora provocada polo actual proceso de mundialización.
Muller no baño é, tamén, unha lúcida reflexión sobre a creación e as artes contemporáneas. A pintura, a escultura, a arquitectura, o cine, a fotografía e a propia literatura abórdanse nestes luminosos textos onde Rivas aposta por unha arte que nos achegue ao coñecemento das almas perdidas que transitan por unha realidade enmascarada polo ruído da sociedade mercantilista. Uns e outros textos de Muller no baño posúen densidade humana, rebordan credibilidade e esperanza porque están escrito<


Opiniones del libro "Muller no baño "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente