libro Un millon de vacas (9ª ed. ampliada)

Un millon de vacas (9ª ed. ampliada)


Un millon de vacas (9ª ed. ampliada) es un libro escrito por Manuel Rivas , identificado con ISBN 9788483026588




Libros de Manuel Rivas

BALA PERDIDA
2016

Infantil y juvenil

BALA PERDIDA

Ficha Técnica

  • Título: Un millon de vacas (9ª ed. ampliada)
  • Autor: Manuel Rivas
  • Editorial: Xerais
  • Isbn: 9788483026588
  • Encuadernación: Tapa blanda



Resumen

Case quince anos despois da súa publicación, Un millón de vacas é un referente inexcusable na obra de Manuel Rivas e un auténtico clásico da literatura recente. Aquí estaba xa a forza da linguaxe poética do autor de O pobo da noite, En salvaxe compaña, O lapis do carpinteiro ou dos máis recentes Galicia. Galicia e A man dos paíños, a través deses relatos breves, escritos por quen ten a dobre vocación de xornalista e poeta.
Un millón de vacas reedítase por novena vez en Xerais Narrativa (tras varias edicións en Xerais Peto) e despois de ter vendido trinta mil exemplares, cando as vacas entoleceron, nunha edición aumentada cun novo e fermoso relato do autor, «Madonna (Conto de Nadal)» que Rivas escribiu no pasado mes de decembro.Son, os de Un millón de vacas, relatos escritos cunha prosa limpa e sincera, chea de tenrura, de gracia e vivacidade, a través das que sentimos as raigañas e as fendas da terra nestas historias ateigadas de inxenuidade, de optimismo e de ironía. Esta é a Galicia cotiá, descrita con grande sensibilidade e cunha explosión de humor que nace dos constrastes e da espontaneidade. Esta é a escrita áxil, sagaz e rica de quen hoxe se configura como o escritor galego máis universal. E este é o primeiro libro co que seduciu a milleiros de lectores e lectoras.



Opiniones del libro "Un millon de vacas (9ª ed. ampliada) "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente