Ficha Técnica

  • Título: O facil que e matar
  • Autor: Alfredo Conde
  • Publicación: 1998
  • Editorial: Xerais
  • Isbn: 9788483023273
  • Páginas: 416
  • Encuadernación: Tapa blanda



Resumen

Cando o avión no que Blas Carou retornaba a Galicia deixou os seus motores ó ralentí, minutos antes de aterrar en maiquetía, soubo que a vida que o esperaba debía ser considerada en tódolos seus extremos coma un novo descenso ó fondo de si mesmo, ó corazón do lume, esa ardente melancolía que inza sempre a rentes da soidade. A aquela hora, a cinco mil millas, en Compostela, Celia Pereira, a súa dona sentíase unha muller abandonada pero feliz, deambulaba deslumbrante polo vestíbulo do Hotel Peregrina, ateigado de xente engalanada que asistía ó acto de inauguración do cuestionado complexo hoteleiro. Poucos minutos despois, o presidente da Xunta, o alcalde da cidade, o delegado do Goberno central, e varios conselleiros do Goberno galego serían sorprendidos por unha ameaza de bomba realizada polos membros do garga (Grupo Armado Revolucionario Galego). O fácil que é matar continúa a travesía da emigración, dos ires e vires que Blas Carou e Celia Pereira iniciaran en Sempre me matan. Proponnos unha mirada aceda e descarnada sobre o exercicio do poder e a actividade política e empresarial na sociedade galega contemporánea, as súas sutilezas, miserias, vaidades e paradoxos.


Opiniones del libro "O facil que e matar "


Escribe tu comentario

Calificación:

Debe completar el campo reCaptcha correctamente